II Xornadas de bioconstrución.

cartel vigoAs Xornadas de Bioconstrución ESPIGA – ESF xorden da colaboración da Asociación galega para a Bioconstrución ESPIGA e Enxeñería Sen Fronteiras co apoio do programa Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

As I Xornadas de Bioconstrución realizáronse na Universidade da Coruña en 2015, cunha alta valoración. A segunda edición levarase a cabo en Vigo a partir do xoves 29 de setembro do 2016, en colaboración co Departamento de Edificación e Obra Civil do IES Politécnico de Vigo.

As xornadas desenvolveranse ao longo de 6 semanas cun ciclo de  conferencias (no salón de actos do IES Politécnico de Vigo), un obradoiro de construción coa técnica do COB dun banco no xardín do centro) e unha exposición de materiais, sistemas construtivos empregados en bioconstrución e fornos e cociñas solares empregados como recurso didáctico para o aprendizaxe da enerxía solar, rematando cunhas visitas técnicas na zona de Vigo.

Asociación Galega para a Bioconstrucción ESPIGA, é unha asociación sen ánimo de lucro que nace no ano 2013 para satisfacer a necesidade social de reunión de profesionais e particulares interesados no uso de materiais sostibles, vivendas libres de tóxicos, eficiencia enerxética e respecto social na construción. Os seus fins son a investigación, desenvolvemento, divulgación e formación necesarias para unha construción sa, sostible, eficiente e ética . http://espigabioconstrucion.org/

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia é unha asociación independente sen ánimo de lucro baseada no voluntariado, que busca construír unha sociedade mundial xusta e solidaria mediante a Cooperación para o Desenvolvemento e poñendo a Tecnoloxía ao servizo do Desenvolvemento Humano. https://esfgalicia.blogspot.com.es/

IES Politécnico de Vigo é un centro público de ensino secundario e formación profesional. Entre a formación impartida, atópase a da Familia Profesional de Edificación e Obra Civil. http://www.edu.xunta.gal/centros/iespolitecnicovigo/

Animámosvos a incribiros e participar dunhas xornadas prometedoras.

 

Incrición Conferencias

 Eventbrite - Conferencias - II Xornadas de Bioconstrución ESPIGA-ESF

Inscrición Obradoiro-Visitas técnicas

Eventbrite - Obradoiro e Visitas técnicas - II Xornadas de Bioconstrución ESPIGA-ESF

Contacto: xornadasbioconstrucionvigo@gmail.com